Mostrando entradas con la etiqueta Novidades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Novidades. Mostrar todas las entradas

Chegan "Os detectives zopencos" á biblioteca

Temos grandes novas para os nosos pequenos lectores!

A biblioteca do cole acaba de sumar unha colección que promete risas, misterio e moita diversión: “Os detectives Zopencos”. Si, si, zopencos! Porque non todos os detectives teñen que ser serios, elegantes e infalibles. Ás veces, os máis despistados son os que viven as aventuras máis sorprendentes! 

Nesta colección atoparedes historias cheas de enredos, pistas imposibles, situacións disparatadas e personaxes que farán que non poidades parar de rir. Pero ademais de pasalo en grande, tamén poñeredes a proba o voso enxeño. 

Seredes capaces de resolver os misterios antes ca eles?

Agardámosvos na biblioteca!

📚✨ CHEGA A COLECCIÓN “DILA CROCODILA” ✨📚

A biblioteca está de estrea porque o recuncho de banda deseñada medra con historias novas pensadas para os nenos e nenas que están a dar os seus primeiros pasos na lectura.

Chega a colección Dila Crocodila!

Dila é unha cocodrila simpática, curiosa e un pouco traste. Encántalle vivir aventuras, probar cousas novas e… ás veces meterse en leas!

Se xa estás empezando a ler, se queres rir e pasalo ben e che gustan as historias con animais divertidos… Achégate á biblioteca! Dila Crocosila está agardando por ti.

Maxia na biblioteca tras a visita dos Reis Magos!

Esta mañá atopamos pegadas de maxia na biblioteca e non foi imaxinación nosa! 

Os Reis Magos pasáronse por ela e deixaron agasallos moi especiais para todas e todos: novos libros, sorpresas e moitas historias por descubrir. Deixaron a biblioteca chea de novas posibilidades para crear, investigar e soñar. 

Agardan por ti libros e lanternas de luz negra para descubrir mensaxes ocultas, filamento para os lapis 3D para dar forma á imaxinación e novos volumes dalgunhas das nosas coleccións favoritas que xa están desexando ser lidas.

É o momento perfecto para explorar, experimentar e deixar voar a creatividade. 

Achégate, proba, le, crea e xoga. A maxia continúa cada día na biblioteca.

Agardámoste! 

Novidades fresquiñas na biblioteca!

A biblioteca está de estrea! Nos últimos días foron chegando algunhas novidades.


O máis importante é que todos estes materiais están pensados para dar pulo aos proxectos, axudarvos a aprender dun xeito máis activo e, por suposto, facer que a biblioteca siga sendo ese lugar no que a curiosidade sempre atopa algo novo que descubrir.

Animádevos a descubrilos!

Novidades na biblioteca!

Bo día, berberech@as!

Arrincamos un novo curso e proxecto de centro: “En galego!”. 

Este ano mergullarémonos a fondo no coñecemento de Galicia, a súa cultura, as súas tradicións, costumes, lendas… e todo aquilo que nos fai únic@s. E, como non podía ser doutro modo, na biblioteca xa temos unha boa selección de novidades para acompañar esta viaxe tan especial.


 
A biblioteca está máis viva ca nunca, e queremos compartir estas lecturas e moitas máis!
 

Pásate, mira, pregunta, colle, devolve… e sobre todo goza lendo!

Este curso lemos En galego, lemos sobre Galicia.

NOVIDADES

 É tempo de novidades na nosa biblioteca! Vide coñecer as novas lecturas e desfrutar delas.






SORPRESAS NA BIBLIO!!

 Bos días, Berberech@s!

Voltamos ás clases e, despois do Nadal, atopamos uns agasallos na biblioteca!!





NOVIDADES

 Inauguramos na biblioteca un novo recuncho de novidades cun montón de lecturas estupendas para desfrutar neste trimestre. Pasádevos a velas!





OBRADOIRO MANGA

 Este curso, a biblioteca escolar está en viñetas! E incorporamos á nosa biblio de centro un xénero moi demandado polo alumnado. Xa temos aquí os nosos mangas!!

E para celebrar o día do cómic, organizamos nos recreos un obradoiro de debuxo manga para os nenos e nenas de educación primaria:

Debuxamos, entintamos, puxemos entramados...pronto veredes os nosos resultados!






AGASALLO PARA A BIBLIOTECA

 Bos días, Berberech@s!

Xa que participamos no concurso de decoración sostible de Nadal, o Concello de Vilagarcía agasallounos con estes libros tan chulos para a nosa biblioteca.

Desfrutádeos!



NOVIDADES

 Bos días, Berberech@s!

Temos novidades de libros na nosa biblioteca. Espero que vos gusten!



Novidades de Nadal

 Bos días, berberech@s!

Ao voltar das vacacións, atopeime con esta sorpresa na biblio: unha chea de libros novos!

Espero que vos gusten



NOVIDADES COCIÑA

 Bos días a tod@s!

Comezamos a temática de cociña no reto lector, así que deixo aquí unhas novidades que temos este mes na biblio, coas que seguro que faredes unhas receitas deliciosas.



RETO LECTOR

Bos días! 

Comezamos novembro, o mes da ciencia e por iso, temos xa a nova temática no reto lector.



 E para completalo temos varias novidades de Ciencias
Adiante coas lecturas!

NOVIDADES DE SAMAÍN

 Bos días, Berberech@s!

Como sei que vos gusta moito ler os contos de medo e de Samaín, tráiovos algunhas das novidades que temos na nosa biblio.

Desfrutádeas!