A biblioteca está de estrea porque o recuncho de banda deseñada medra con historias novas pensadas para os nenos e nenas que están a dar os seus primeiros pasos na lectura.
Chega
a colección Dila Crocodila!
Dila
é unha cocodrila simpática, curiosa e un pouco traste. Encántalle vivir
aventuras, probar cousas novas e… ás veces meterse en leas!
Se
xa estás empezando a ler, se queres rir e pasalo ben e che gustan as historias
con animais divertidos… Achégate á biblioteca! Dila Crocosila está agardando
por ti.
No hay comentarios:
Publicar un comentario