Na área de Proxecto competencial, o alumnado de 4º de Primaria púxose mans á obra para descubrir, investigar e presumir dun dos tesouros máis grandes que temos: as marabillas de Galicia. E podemos dicir ben alto. Estamos orgullosos e orgullosas de ser galegos e galegas!
Durante varias semanas convertéronse
en auténticos investigadores e investigadoras. Buscaron información, aprenderon
curiosidades e descubriron moitas cousas sorprendentes sobre distintos monumentos e lugares emblemáticos da nosa
terra.
Pero non quedamos só na
investigación… tamén puxeron a súa imaxinación,
creatividade e habilidades artísticas a traballar!
Cada grupo elaborou maquetas
das “Seis marabillas galegas”, (segundo eles/as) feitas con materiais diferentes e con moito
mimo: cartón, papel, plastilina, pintura e outros elementos que lles deron
forma ás súas creacións. O resultado foi unha exposición chea de detalle e
moito orgullo pola nosa cultura.
E aquí vén a parte máis especial
da actividade! Cada maqueta vai acompañada dun código QR. Se o escaneades, poderedes escoitar os audios do alumnado,
no que explican as características máis importantes de cada marabilla,
curiosidades e datos interesantes que descubriron durante a súa investigación.
Onde se atopa a exposición?
No corredor do primeiro andar do colexio, onde as nosas marabillas
galegas xa están esperando polas vosas visitas.
Estamos seguros de que vos vai
encantar descubrir todo o que aprenderon e todo o que foron capaces de crear.
No hay comentarios:
Publicar un comentario