Este ano celebramos un Entroido moi
noso, un Entroido á galega, no que a tradición, os oficios de sempre
e a nosa cultura foron os grandes protagonistas. O centro encheuse de cor,
ilusión e moitísimo talento!
🌊
Infantil: grandes profesionais do mar.
O alumnado de Infantil mergullouse no mundo mariñeiro. Puidemos ver auténticas e auténticos profesionais do mar: mariñeiros e pescadoras, mariscadores/as, redeiros/as… Parecía que o mar entrara no cole! Non faltaron as redes e os capachos e, sobre todo, os sorrisos salgados de ilusión.
🌾 1º e 2º de Primaria e a vida de aldea
O rural galego tamén tivo o seu merecido protagonismo. Agricultoras/es, panadeiros/as, leiteiros/as… e mesmo algún que outro animaliño da granxa paseando polo ximnasio!
Foi
unha homenaxe preciosa á vida na aldea, aos traballos de sempre e ás mans que
coidan a nosa terra.
⚓ 3º e
4º de Primaria e a Galicia con sabor a mar
O
alumnado de 3º e 4º volveu traer o mar ao noso desfile con: bateiras/os, redeiras/os,
mariñairos/as, pescadores/as, maristacores/as… e algún que outro guía do Parque
Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas.
Un
auténtico porto pesqueiro instalado no ximnasio!
🎶 5º e
6º de Primaria. A ritmo de Rondalla!
E cando parecía que xa non se podía
superar… chegaron 5º e 6º con moito ritmo e alegría, convertidos en auténticas rondallas!
Pandeiretas, movemento, coordinación e moitísima enerxía fixeron vibrar o ximnasio enteiro.
É
certo que este ano a predición meteorolóxica non nos deu tregua. A chuvia non
nos permitiu saír ao exterior como é costume, pero... é que
cando hai ganas, ilusión e espírito de Entroido non hai nube que o pare e o
ximnasio converteuse no noso mellor aliado para desfilar!
E como broche de ouro, puidemos rematar
a xornada todos xuntos cantando e bailando “Eu quero entroidar” ao ritmo
de Sony e Selena. Voces a todo pulmón,
mans no aire e unha enerxía que contaxiaba alegría por todos os recunchos!
Pero aínda quedaba unha sorpresa final… Rematamos a xornada merendando xuntos nas aulas, compartindo risas, conversas e esa felicidade que só o Entroido sabe crear.
E o broche definitivo púxoo o delicioso
chocolate preparado pola ANPA para todo o alumnado. Quentiño, saboroso e
feito con moito agarimo… foi o complemento perfecto para un día tan especial.
Queremos agradecer de corazón á ANPA a
súa implicación constante, o seu traballo e este detalle tan estupendo que fixo
que o noso Entroido fose, se cabe, aínda máis doce. 💛
O noso Entroido non é só un disfraz. É
cultura, identidade e comunidade.
🎭 Eu quero Entroidar… e ti?
No hay comentarios:
Publicar un comentario