Nesta semana, realizamos diferentes actividades que nos levan á poñernos na pel dos demais, achegándonos de distintas formas á diversidade.
UN MAR DE CORES
O alumnado de 1º e 2º de primaria estivo traballando o conto "Un mar de cores" o día mundial da Síndrome de Down, e como produto final, crearon este mural sobre a diversidade.
DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN
Onte, 21 de marzo foi o día mundial da Síndrome de Down e todas e todos no cole, viñemos cuns calcetíns moi diversos.
DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN
Bo día, hoxe 21 de marzo é un día especial, é o Día Mundial da Síndrome de Down.
Cada ano, dende 2012, segundo o establecido no decreto das Nacións Unidas, conmemórase o día 21 do mes 3 este día, facendo así referencia á trisomía do par 21 de cromosomas propia da Síndrome de Down.
No cole queremos, como cada ano, amosar un símbolo de concienciación en toda a comunidade educativa a través de diferentes formas. Unha delas, traer dous calcetíns diferentes entre si.
E por que traemos dous calcetíns diferentes? Pois este símbolo establécese como medio de concienciación social, dada a similitude entre a forma dos calcetíns e os cromosomas e ademais, simbolizamos así como esa diferenza de calcetíns, a diversidade...todos diferentes e á vez todos iguais, traballando xuntos cara a inclusión e a redución das desigualdades.
Deixamos unhas recomendacións lectoras para a hora de ler. Desfrutádeas!
DÍA DA SÍNDROME DE DOWN
Bos días,
Este luns 21 de marzo é o Día Mundial da Síndrome de Down, e no noso cole tod@s temos un calcetín de cada cor.
Ademais, anímovos a ler esta selección de libros da nosa biblioteca, para así, ver a realidade dende outra perspectiva á que non estamos acostumados, aprendendo a respectar todos os aspectos que nos diferencian e nos fan únicos e extraordinarios.