🎃Queres coñecer os habitantes máis arrepiantes da biblioteca?

Este Samaín, a biblioteca énchese de novos misterios, aventuras e personaxes do máis arrepiante.

Momias misteriosas, vampiros moi peculiares, esqueletos bailaríns, pantasmas sorprendentes e ata o mismísimo Frankenstein están preparados para saír das páxinas e converterse nos protagonistas das vosas historias.

Que aventuras agochan estes libros? Darán moito medo ou farán que non poidades parar de rir?

Quen se atreve a abrir o primeiro libro? 

Veña, lectores e lectoras valentes! Achegádevos á biblioteca, escollede o libro que máis vos chame a atención e deixádevos levar pola aventura. Se cadra, entre estas páxinas está agardando a vosa próxima personaxe favorita!

Atréveste a descubrilos? ðŸ“–

No hay comentarios:

Publicar un comentario