Aventuras entre libros no Día das Bibliotecas Escolares 📚

Hoxe é un día moi especial, pois celebramos o Día das Bibliotecas Escolares

Como cada ano, as nosas "mochilas viaxeiras" están listas para comezar o seu percorrido polos fogares do noso alumnado. Pero atención, non será tan doado conseguilas!

Antes, o alumnado enfrontarase a unha serie de desafíos misteriosos cos que coñecerá algunhas das bibliotecas máis curiosas de Galicia.

Velaquí os retos!

Educación Infantil:

 

Educación Primaria:

Bo traballo, berberech@s! Sabía que o conseguiríades!  

 
Dentro das mochilas atoparán libros marabillosos, propostas lectoras para compartir en familia e moitas sorpresas para facer da lectura un momento especial na casa.

Cada semana, unha nova familia será parte desta aventura.

A mochila viaxa, pero as historias quedan connosco para sempre!

No hay comentarios:

Publicar un comentario