Hoxe o alumnado de 5º de Educación Primaria viviu unha auténtica xornada formativa en radio da man de Damián, de Ponte...nas ondas, nunha mañá tan produtiva como divertida.
Ao longo da sesión, os nenos e nenas tiveron a oportunidade de crear os seus propios guións, poñer en xogo a súa imaxinación e lanzarse ao mundo da comunicación. Non faltaron as risas, os momentos improvisados, as representacións espontáneas nin tampouco algún que outro reporteiro ou reporteira de clase, que soubo dar forma ás súas intervencións dun xeito ameno, motivador e moi entretido.
Foi unha experiencia marabillosa na que o alumnado participou con entusiasmo… e na que as profes tamén puideron pasalo moi ben, sumándose ás actividades e gozando do proceso creativo.
O resultado final desta xornada tan especial son distintos podcasts, froito do traballo en equipo e da ilusión posta en cada actividade, que xa podedes escoitar a continuación.
👉Grazas, Damián, por compartir connosco esta experiencia tan enriquecedora. Agardamos volver a verte pronto ou coincidir de novo nalgún outro proxecto.
🎧 Dádelle ao play e desfrutade do talento do noso alumnado! 🎧
No hay comentarios:
Publicar un comentario