Celebramos o DÃa da Non Violencia e a Paz cunha actividade moi especial que encheu o centro de ilusión, palabras bonitas e moita esperanza.
Baixo o tÃtulo Teu desexo, meu desexo, o alumnado converteuse en protagonista dunha experiencia colectiva na que os soños, os sentimentos e os proxectos de aula camiñaron da man. Cada nena e cada neno tivo a oportunidade de pedir un desexo de paz, pero non unha paz abstracta ou distante, senón unha paz próxima, real, construÃda dende o dÃa a dÃa. Os desexos naceron vinculados aos proxectos que se están a traballar en cada aula, demostrando que aprender tamén é coidar, respectar e imaxinar un mundo mellor.
A partir destes desexos, o alumnado realizou unha recreación artÃstica inspirada na obra da artista brasileira Rivane Neuenschwander, transformando as palabras en creacións visuais cheas de cor, emoción e simbolismo.
Esta exposición fÃxose aÃnda máis especial porque algunhas familias tamén quixeron participar deixando o seu propio desexo, colaborando e sumando as súas voces a esta mostra tan emotiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario