Xa está aquà o Entroido, unha das festas máis queridas e auténticas da nosa tradición! Na biblioteca non podiamos quedar atrás e traémosvos novidades e recomendación lectoras para mergullarnos nesta celebración chea de cor, historia e diversión.
Se queres descubrir quen son os cigarróns,
por que corren as pantallas ou que papel teñen os peliqueiros, atoparás libros
informativos e ilustrados que explican a orixe e os segredos do Entroido. Unha
viaxe fascinante polas máscaras máis emblemáticas de Galicia!
Contos cheos de humor, disfraces tolos,
mecos travesos e celebracións inesquecibles… Historias ideais para traballar na
aula ou en familia, coñecer vocabulario propio do Entroido e comprender o
significado desta festa tan especial.
Tamén atoparedes libros con propostas de
actividades: como facer máscaras tradicionais, receitas tÃpicas ou xogos
populares. Porque o Entroido non só se le… vese, cóntase, cómese e vÃvese!
Estas lecturas agárdante na biblioteca! 🎉
No hay comentarios:
Publicar un comentario