VISITA DE MARÍA CANOSA

 Bos días, Berberech@s!

O luns 10 de febreiro recibimos no cole unha visita moi especial. María Canosa achegouse á Escardia para compartir parte da xornada co alumnado participante no Club de Lectura e falar do seu libro “A cazadora de estrelas”.

Pasaron un ratiño xenial!



As nenas e nenos traballaron arreo para recibir á escritora, preparándolle varias sorpresa. Por suposto, non faltou un pequeno agasallo para que non os esqueza. Pero o que máis gustou á nosa protagonista foron as valoracións que fixeron do seu libro para animar a outras nenos e nenas a lelo.

Velaquí as tendes!


Xa sabedes que a rapazada da Escardia é ben curiosa, polo que tamén houbo momento para as preguntas e para que a escritora nos contase máis sobre a súa obra “A cazadora de estrelas” e o proceso escritor para creala.

Tamén nos dou algúns consellos para aprender a escribir mellor e contounos algunha que outra anécdota persoal. Foi súper interesante!



Aquí tendes o podcast para escoitar a entrevista ao completo e non perdervos nada.



 

Rematamos o encontro coa firma de libros e a bonita experiencia de coñecer a María.

Agardamos que volva á Escardia outro día!


No hay comentarios:

Publicar un comentario