Vivimos
unha xornada moi especial no noso colexio coa visita do escritor e ilustrador
galego Anxo Fariña, autor de moitos dos libros que podemos atopar na nosa
biblioteca e que tanto gustan ao noso alumnado.
O
alumnado participante no Club de Lectura de 5º e 6º tivo a sorte de compartir
con el unha actividade moi divertida e creativa. Durante o encontro, Anxo
falounos do seu traballo como escritor e ilustrador, explicándonos como nacen
as historias, como crea as súas personaxes e de onde saca as ideas para os seus
libros. Ademais, transmitiunos a importancia da imaxinación, da lectura e de
atreverse sempre a crear.
E, como non podía ser doutro xeito… realizamos un "Obradoiro de ilustración" no
que os nenos e nenas puideron poñer a proba as súas habilidades artísticas.
Entre
lapis, rotuladores e moita creatividade, foron aprendendo trucos e técnicas
para debuxar personaxes expresivos e orixinais.
O
alumnado participou con moitísimo entusiasmo, compartindo
ideas e desfrutando dunha experiencia moi enriquecedora.
Anxo
Fariña mostrouse en todo momento moi cercano, amable e ameno, conseguindo crear
un ambiente moi divertido no que non faltaron momentos sorprendentes.
Sen
dúbida, foi unha actividade moi especial que nos deixou grandes aprendizaxes e,
sobre todo, moitas ganas de seguir lendo e creando.
Para
rematar a visita, quixemos entregarlle un pequeno agasallo como recordo do seu
paso polo noso cole e para que non se esqueza de nós. Aínda así, esperamos que
sexa el quen teña que volver para seguir compartindo connosco a súa
creatividade e o seu talento.
Moitas
grazas, Anxo, por dedicarnos parte da túa xornada e por facernos vivir unha
experiencia tan bonita. Agardamos verte de novo moi pronto!
No hay comentarios:
Publicar un comentario