Con motivo da celebración do DÃa das Artes Galegas, este ano levamos a cabo un reto fotográfico moi especial que hoxe queremos compartir convosco: "Mudar a lente. Reinterpretando a Xosé Suárez".
Nesta ocasión, a actividade estivo centrada na figura de Xosé Suárez, destacado fotógrafo galego coñecido polas súas imaxes cheas de sensibilidade e polos seus retratos, capaces de recoller a esencia da vida e das persoas.
O desafÃo consistÃa en recrear algunhas das súas fotografÃas máis representativas do artista e o resultado foi simplemente xenial! Participou tanto o alumnado como as familias, o que fixo desta actividade unha experiencia compartida, creativa e moi divertida.
Aquà tedes os resultados: unha selección de imaxes creadas nas que se mestura a inspiración do autor co talento e a imaxinación dos nosos pequenos e pequenas artistas.
Grazas por participar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario