Hoxe, durante o tempo de lecer, a nosa biblioteca encheuse de cores, risas e follas de papel!
Comezamos o obradoiro de papiroflexia, unha actividade moi especial coa que queremos celebrar o Día da Papiroflexia e o Origami, que se conmemora o 11 de novembro.
Durante este ratito o alumnado tivo a oportunidade de dar renda solta á súa creatividade, facendo todo tipo de figuras: simpáticos coellos, gatiños cariñosos... E ata algún que outro cangrexo saltarín!
Foi un momento perfecto para compartir ideas e descubrir o pracer de crear só coas mans e un simple anaco de papel.
Se aínda non te achegaches., anímate a participar nos próximos días! Seguro que o pasas en grande, e quen sabe., igual acabas facendo a túa propia colección de papel!
No hay comentarios:
Publicar un comentario