Hoxe o patio do cole encheuse de risa, xogos e cheiro a castañas asadas porque celebramos o noso esperado Magosto!
Lembremos que, nas últimas semanas, as familias fixéronnos unha visita moi especial para ensinar ao alumnado xogos tradicionais galegos, aos que xogaban cando eran pequenos/as: as bólas, os birlos, a goma, a corda, o Perico… e moitos máis!
O mellor de todo foi ver como as nenas e os nenos se convertiron en auténticas e auténticos especialistas durante esta celebración, explicando as regras, facendo demostracións e animando aos compañeiros a participar.
Houbo saltos, carreiras, moita emoción e algún que outro enredo coas cordas, pero sobre todo, moita diversión compartida.
Tivemos, ademais, a sorte de ver ao ANPA traballando arreo, asando as castañas con moito agarimo para que todas e todos puidésemos desfrutar delas ben quentiñas. Grazas por ese delicioso arrecendo que inundou o patio!
Para poñer o broche de ouro, rematamos a festa cunha boa degustación deste saboroso produto. Cada neno e nena levaba o seu cucurucho ou recipiente decorado, perfecto para gardar as castañas e saborealas en boa compañÃa.
Foi un dÃa cheo de tradición e alegrÃa, no que aprendemos xogando e celebramos o noso Magosto como máis nos gusta: todos xuntos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario