Reto polo Día do Libro: "E TI, DE QUE LIBRO NAMORACHES?"

Con motivo da celebración do Día do Libro o 23 de abril, queremos convidarvos a participar nun reto moi especial titulado: E ti, de que libro namoraches?”.

A proposta consiste en crear un pequeno vídeo en familia no que compartades unha breve valoración do voso libro en galego favorito: que vos fixo sentir?, por que o recomendariades?, que o fai especial para vós?...

Trátase dunha oportunidade fantástica para fomentar o gusto pola lectura en familia e poñer en valor a nosa lingua dun xeito creativo e significativo.

Animámosvos a participar con ilusión, facendo deste proxecto unha experiencia compartida e enriquecedora para todas e todos.

Os vídeos deberán enviarse ao correo electrónico: ardora.escardia@gmail.com 

A data límite de entrega é o venres, 24 de abril.


Agardamos contar coa vosa participación para encher o noso cole de historias, emocións e recomendacións lectoras!


No hay comentarios:

Publicar un comentario