NOVEMBRO MES DA CIENCIA

Xa chega novembro, o mes da CIENCIA, e por iso, o reto lector deste mes tamén terá esa temática. Ademais, os nosos encargados de biblio levaron ás clases dúas maletas que elaboramos
con libros de ciencias como recurso da biblioteca, para que todos e todas poidades traballar a ciencia nas vosas aulas. 

Estas maletas teñen libros de astronomía, de bioloxía, de zooloxía e botánica, de matemáticas, de física e química, de inventos, etc. e ademais, libros sobre a saúde, o tema do noso proxecto deste ano.

Seguro que aprenderedes un montón de cousas coas maletas de ciencias e por iso, convidámosvos a facer un experimento para a nosa FEIRA CIENTÍFICA.





No hay comentarios:

Publicar un comentario