LECTURAS 25N

OS MONSTROS GRANDES NON CHORAN:

 A Monstruo Pequeño todo lle sae xenial. En cambio, Monstruo Grande é tremendamente patoso. Monstruo Grande ponse cada vez máis triste, pero que pode facer? Todo o mundo sabe que os smonstros grandes non choran.


ORELLAS DE BOLBORETA:

Este conto, que tanto nos gusta, dota a infancia de recursos para xestionar comentarios que poden ser ferintes acerca de nós mesmas. Mara, a súa protagonista, atopa inxeniosas formas de darlles a volta e de mostrar ao mundo como é ela, potenciando o valor da autoestima para previr este tipo de violencia.


ARTURO E CLEMENTINA:

Un conto que fala dunha das formas de violencia, a psicolóxica, aquela na que de maneira sutil e constante se vai descalificando, humillando e ridiculizando, o que fai que aautoestima se vexa danada. Arturo e Clementina, os protagonistas, van contando como viven e que esperan desa relación. Un conto para traballar temas como a autoestima, igualdade de xénero e a violencia de xénero.

          


EU VOU COMIGO
Un conto que nos fai reflexionar acerca da autoestima, o importante que é ser como somos e non ser como os demáis esperan que sexamos. Á protagonista gústalle Martín e vaies quitando pouco a pouco cousas para que se fij¡xe nela .  É un conto que fai ver que as diferenzas son a esencia das persoas e o importante é ser e seguir sendo ti mesma.




LOS HOMBRES NO PEGAN:

“Los hombres no pegan”, é un conto que trata de chamar a atención contra a violencia familiar e de xénero. É un aviso contra a masculinidade mal entendida, contra a desigualdade entre homes e mulleres, contra o maltrato doméstico, contra as estruturas de poder que permiten que as familias e as súas relacións se conviertan nun terror cotián.



EL CHUBASQUERO DE AURORA

Un monstro chega a casa de Aurora todas as noites atemorizando á nena e á súa nai. Aurora síntese indefensa e asustada, e a súa nai regálalle un chubasqueiro máxico para que faga desaparecer o medo que o envolve todo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario