Esta semana vivimos uns días moi especiais, cheos de misterio, creatividade e, sobre todo, moitas ganas de pasalo ben. Dentro do noso proxecto "Un curso de película", o Samaín chegou cunha proposta moi cinematográfica que nos deixou auténticas obras de arte.
Un dos grandes atractivos foi a exposición de cabazas de cine. O alumnado sorprendeunos con creacións incribles, nas que os personaxes e as películas máis coñecidas cobraron vida dun xeito moi orixinal. Houbo moita imaxinación, traballo e ilusión detrás de cada cabaza.
As aulas tamén se vestiron para a ocasión e convertéronse en espazos cheos de pantasmas, arañas, cabazas e outros seres arrepiantes. E, como non podía ser doutro xeito, non faltaron as merendas de Samaín, con propostas terrorificamente apetitosas que compartiron entre compañeiras e compañeiros.
Ademais, ao longo destes días realizamos un montón de actividades diferentes: propostas artísticas, manualidades, construcións e creacións nas que cada quen puido deixar voar a súa imaxinación. Tamén puxemos a proba o noso enxeño e a capacidade de traballar en equipo cun divertido escape room, no que tivemos que resolver enigmas e superar retos.
ARTE: Samaín ao estilo cubista de Picasso.
E non podía faltar un dos momentos máis especiais: o apadriñamento e amadriñamento lector. Nesta ocasión, os libros enchéronse de historias de medo e misterio, de pantasmas, bruxas e outras personaxes propias destas datas.
Grazas a todo o alumnado e ás familias pola súa colaboración e por axudarnos a facer posible esta celebración tan especial.
E ata aquí a nosa película de Samaín!
Agardamos con ilusión a seguinte aventura… 🎥👻













.png)












.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
