COCIÑA EN FAMILIA

 Bos días, Berberech@s!

Comezamos este mes cunha nova temática do noso reto lector:

 A COCIÑA!

Recordade que tedes todo o mes de decembro e o de xaneiro para ler os libros de cociña, e ademais, podedes coller a vosa plantilla na biblioteca ou nas vosas aulas, para facer unha receita que vos guste e desfrutar na casa dunha actividade moi divertida en familia, e cun delicioso resultado que poderedes fotografar.

Cando a teñades feita, traédela ao cole e faremos un receitario cunha chea de receitas deliciosas.






No hay comentarios:

Publicar un comentario