Bo día, Berberech@s!
Chega o DÍA DO LIBRO e no cole montamos un mercadillo benéfico cos libros do expurgo para donar o recaudado á protetora de animais de Vilagarcía.
Pasámolo xenial, e ademais, fixemos un gran traballo previo:
Primeiro, cada clase seleccionou e clasificou os seus libros (repasando así a CDU), facendo listaxe de rexistros para realizar o expurgo.
Despois, traballamos os prezos, porcentaxes, ofertas e demais cuestións matemáticas relacionadas.
E por último, traballamos a compra-venda preparando os nosos postos e o xogo simbólico de clientes e vendedores.
O resultado foi todo un éxito!
Ademais, en relación co proxecto Voz Natura, tamén fixemos uns marcaposicións coas follas das árbores e as flores traballadas en cada clase para mater a nosa biblioteca ordenada.
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

No hay comentarios:
Publicar un comentario