Xa están aquí as nosas brigadas verdes! Eles/as axudarannos a manter limpo o patio e o noso entorno, a aforrar enerxía, non gastar máis da necesaria e moito máis.
Para concienciarnos sobre o coidado do medioambiente temos, no novo recuncho verde inaugurado este curso, unha chea de contos, libros informativos e demais cos que poderemos mergullarnos no mundo da natureza e o seu coidado. Podemos xogar coa reciclaxe, investigar sobre os diferentes tipos de plantas e árbores que temos no patio e moito máis, como fixeron os nenos e nenas de sexto de primaria, recoñecendo os tipos de árbores a través dunha app e vendo todas as súas características.
Xuntos, podemos coidar o planeta!
Ademais, comezamos xa coas saídas ao horto para cultivar os nosos produtos
No hay comentarios:
Publicar un comentario