Un ano máis, celebramos no noso centro o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Francisco Fernández Del Riego.
Coma todos os anos, traballamos nas aulas sobre o autor e as súas obras a través de diferentes libros informativos. Logo, inauguramos unha praza no seu nome, momento no que o alumnado de 6º leu un manifesto sobre os datos máis relevantes do autor e, os nenos e nenas de 1º e 2º, quixeron afondar máis nos escritos do autor. Por iso, atoparon un escrito sobre a gaita galega, o cal nos levou a traballar os instrumentos típicos do folclore galego, así como os seus bailes e traxes tradicionais. É por iso, polo que, no Día das Letras Galegas, interpretamos todos xuntos unha muiñeira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario