Este curso, grazas ao programa de polos creativos creamos no cole novos espazos dotados cun montón de material para facer cousas chulísimas!
E para empregar todos estes recursos, ao longo do curso, realizamos obradoiros demostrativos interniveis, titorizados polo alumnado de 6º de primaria. O alumnado máis pequeno puido observar o funcionamento das placas microbit, robots, electrónica e tamén puido aventurarse a resolver, con axuda, pequenos retos que se lle propuxeron para así practicar con diferentes ferrramentas.
Os profes tamén nos estamos a formar no uso de todo este novo material:
No hay comentarios:
Publicar un comentario