COMEZAMOS!
Bo día, berberech@s!
Que tal o verán?
Estamos de volta! Hoxe comezamos un
novo curso.
As mestras e mestres prepararon un recibimento ao grande para darvos a benvida neste primeiro día.
Pero non todo foi baile
e festa. Ao chegar á aula agardábavos unha carta cun desafío conxunto: descifrar o
título do proxecto de centro deste ano.
Bo traballo
berberech@s! Confiaba en vós para superar este reto!
"EN GALEGO!” levaranos
a coñecer máis en profundidade a nosa cultura, tradicións, lingua, xeografía...
Estades preparad@s para a aventura? 😉
No hay comentarios:
Publicar un comentario