Hoxe, o alumnado de Educación Infantil gozou
dun “Obradoiro de marisqueo” en Carril, da man da asociación Amarcarril.
Ao longo da xornada, os nenos e nenas
puideron achegarse ao labor das mariscadoras, coñecendo de primeira man como é
o proceso de cultivo e recollida marisqueira.
Durante a actividade recolleron algas para
favorecer a respiración das ameixas, buscaron ameixas coa axuda de rastrillos e
tamén sementaron ameixas e berberechos, aprendendo a importancia de respectar
os tempos de crecemento e o coidado do mar.
Esta experiencia permitiulles coñecer
mellor un oficio moi ligado á nosa contorna e á cultura mariñeira de Galicia,
algo que encaixa plenamente co noso proxecto de centro deste ano: “En galego!”.
Grazas Amarcarril pola vosa colaboración e
disposición para compartir co alumnado esta experiencia un ano máis, así como o
gran labor que realizades cada día!
No hay comentarios:
Publicar un comentario