COMEZA O CLUB DE CIENCIA!
Hoxe deu comezo o Club de Ciencia cunha xornada chea de imaxinación,
traballo en equipo e un reto.
As nenas e nenos participantes nesta iniciativa puxéronse mans á obra para
crear a súa propia máquina de Golberg, un invento cheo de mecanismos en cadea
no que cada peza activa a seguinte, como nun pequeno espectáculo científico.
O obxectivo da actividade era claro: poñer en práctica o enxeño e a creatividade de cada participante, mentres aprendían principios de física e tecnoloxía de forma lúdica e divertida. Con materiais sinxelos como: bolas, dominós, tubos, cartóns...; foron deseñando e construíndo os distintos elementos da súa máquina.
Durante a sesión, o ambiente encheuse de ideas, probas e moitas ganas de mellorar.
Cada grupo foi axustando os detalles, buscando que todo encaixase e que o mecanismo funcionase. Foi marabilloso ver como colaboraban, compartían ideas e non se rendían ante os pequenos contratempos.Para rematar, chegou o momento máis agardado: a gran proba final. Con todos expectantes, puxemos en marcha a máquina... As bolas rodaron, as fichas caeron, e todo o proceso cobrou vida.
Esta actividade foi unha mostra perfecta de como a ciencia pode ser un xogo
apaixonante, onde a aprendizaxe vai da man da creatividade e do traballo en
equipo.
No Club de Ciencia seguimos demostrando que aprender pode ser unha aventura chea de descubrimentos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario