UN DÍA CHEO DE COR EN CARRIL

O alumnado de 3º e 4º de Primaria viviu unha xornada moi especial. Armados de lapis, papel e ilusión, desprazáronse ata o pesqueiro pobo de Carril para desfrutar dunha actividade artística ao aire libre.

A mañá comezou cunha pequena andaina polo paseo marítimo ata chegar ao embarcadoiro, onde contemplaron a illa de Cortegada, tan próxima e tan chea de misterio.

Entre o arrecendo de salitre e o son dos pescadores e pescadoras, cada nena e neno buscou un recuncho para poñerse mans á obra.

Co mar de fondo e o ceo azul por lenzo, deixaron voar a súa creatividade. Pintaron a illa, as árbores, as embarcacións, a baliza... Mesmo algún cormorán decidiu coarse nas súas obras!


Despois de tanto arte e inspiración, tocou recuperar forzas cunha merecida parada para tomar a merenda e pasar un tempo no parque.

Foi, sen dúbida, unha mañá diferente e un día para lembrar!

No hay comentarios:

Publicar un comentario