O alumnado de 6º de Primaria, dentro da asignatura de Proxecto Competencial, púxose mans á obra para investigar os distintos Entroidos de Galicia: personaxes, traxes, tradicións… non se lles escapou nada!
E claro, todo ese saber non podía quedar gardado… así que decidiron compartilo cos compañeiros e compañeiras doutros cursos, converténdose en auténticos transmisores de coñecemento e cultura.. E vaia se o fixeron ben!
As presentacións foron súper interesantes e cheas de curiosidades, pero o mellor chegou ao final… unha rolda de preguntas onde os máis pequenos e pequenas demostraron que estiveran moi atentos! Todo isto, por suposto, en galego e dun xeito moi divertido e participativo.
Unha xornada moi chula que nos permitiu aprender, compartir e seguir medrando xuntos arredor da nosa identidade cultural.
Parabéns ao alumnado de 6º polo traballazo! Fixéstelo xenial!
No hay comentarios:
Publicar un comentario