🎭 TEATRO EN INGLÉS🎭

Hoxe tivemos a sorte de gozar de dúas divertidísimas sesións de teatro en inglés da man da compañía Face to Face Theatre, nas que o noso alumnado non parou de rir, cantar, bailar e participar!

🐝 Busy Bee (destinada a Infantil e 1º de Primaria) levou aos máis pequenos a acompañar a unha simpática abella na súa importante misión: atopar flores para facer mel e preparar unha deliciosa torta de aniversario para a súa raíña. Polo camiño contou coa axuda de varios amigos moi especiais e, por suposto, tamén coa colaboración do alumnado, que participou activamente cantando, bailando e formando parte da historia.

⏳ The Time Machine (destinada a 3º, 5º e 6º de Primaria) transportounos a unha aventura chea de humor e sorpresas. Jane, unha cavernícola da Idade de Pedra, atopou unha máquina do tempo coa que viaxou ao futuro, descubrindo mundos descoñecidos e vivindo situacións moi divertidas. O alumnado converteuse tamén en protagonista da obra, participando na representación, interactuando cos actores e gozando de cancións e bailes en inglés.

Foi unha experiencia moi dinámica e motivadora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario