🔎 Atención, detectives! Temos un misterio que resolver!

Esta mañá, ao chegar á aula, o alumnado de 1.º e 2.º de Educación Primaria atopouse cunha sorpresa moi especial: un montón de pezas soltas que pertencían a dous personaxes dunha película! Pero… quen eran? Como serían? E, sobre todo, de que película procederían?

Ao parecer, algo inesperado lles acontecera durante a súa viaxe ata o noso planeta… Os seus corpos acabaran feitos anacos e precisaban da nosa axuda!

Así que o noso equipo de pequenos detectives púxose mans á obra: observou, formulou hipóteses, encaixou as pezas e reconstruíu as misteriosas personaxes.

 
 
 

Entre descubrimentos, curiosidade e traballo en equipo, pouco a pouco, foi achegándose á solución.

Pero… serían quen de resolver o enigma?

No hay comentarios:

Publicar un comentario