Luces, cámara… comezamos! 🎥✨
Arrancamos o curso escolar por todo o alto cun novo proxecto que promete moitas emocións, aventuras e, sobre todo, moitas estrelas. 🌟
Este curso mergullámonos no fascinante mundo do cine co proxxecto de centro Un curso de pelÃcula. AsÃ, descubriremos que hai detrás das cámaras, coñeceremos os segredos dunha rodaxe, xogaremos cos diferentes papeis que fan posible unha pelÃcula e… quen sabe? Quizais algún dÃa nos toque dicir aquilo de “Luces, cámara… acción!”
E para ir entrando en materia, no cole xa temos preparado un recuncho de lectura moi cinematográfico, cheo de libros e recursos para investigar, descubrir máis sobre o mundo do cine e achegarnos tamén a algunhas das pelÃculas.
O escenario xa está preparado, as cámaras están a punto e as ganas… a tope!
3, 2, 1… acción!



No hay comentarios:
Publicar un comentario